Información legal

Termos e condicións

Os contidos e servizos incluídos e ofrecidos neste sitio web non están dirixidos a aquelas persoas residentes naquelas xurisdicións onde non se atopen autorizados. Unicamente se atopan comprendidas no presente sitio web aquelas páxinas que figuren dentro do mapa do sitio web. O usuario/a accede voluntariamente a este sitio web. O acceso e navegación neste sitio web implica aceptar e coñecer as advertencias legais, condicións e termos de uso contidos nela. O mero acceso non implica o establecemento de ningún tipo de relación comercial entre o Concello de O Grove e o usuario/a.

O Aviso Legal e/ou as Condicións dos servizos prestados a través do presente sitio web, poderán sufrir modificacións de calquera tipo, cando o Concello de O Grove o considere oportuno ou coa finalidade de adecuarse aos cambios lexislativos e tecnolóxicos futuros. Estas modificacións serán notificadas convenientemente, sendo válidas desde a súa publicación neste sitio web, salvo manifestación en contrario.

Calidade da información

Os datos e outros materiais que aparecen neste servidor introducíronse seguindo estritos procedementos de control de calidade. Non obstante, o Concello de O Grove non se responsabiliza do contido deste servidor nin das consecuencias que poidan derivarse dos erros nos contidos que poidan aparecer neste sitio Web proporcionados por terceiros. En particular, o Concello de O Grove non se compromete á súa actualización inmediata. Os datos aquí contidos non deben considerarse oficiais. Só se consideran datos oficiais aqueles que figuran nas publicacións impresas dos organismos competentes.

A web pode ofrecer enlaces, directa ou indirectamente, a recursos ou sitios de Internet que se atopan fóra do presente sitio web. A presenza destes enlaces no sitio web ten unha finalidade informativa, non constituíndo en ningún caso un convite á contratación de produtos ou servizos que se ofrezan no sitio web de destino.

En caso de que o Concello de O Grove teña coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que se remite desde os devanditos enlaces é ilícita, constitutiva de delito ou pode lesionar bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización, actuará coa dilixencia necesaria para suprimir ou inutilizar o enlace correspondente coa maior brevidade posible.

Limitación de responsabilidade

O Concello de O Grove non garante a ausencia de virus ou outros elementos que puidesen causar danos nos sistemas informáticos, nos documentos electrónicos ou nos ficheiros de usuario deste sitio web ou de sitios web de terceiros, polo que non se responsabiliza dos prexuízos que se puidesen producir por estas causas.

O Concello de O Grove non se responsabiliza do mal uso que se poida facer deste sitio web nin do contido dos sitios web aos que enlaza fóra da súa páxina. Tampouco será responsable de calquera dano ou perda que poida xurdir pola conexión ou polo uso de calquera contido, produto ou servizo dispoñible nos sitios web aos que se dirixan os enlaces. O Concello de O Grove non pode garantir a dispoñibilidade e o correcto funcionamento dos enlaces a outros sitios web desde este sitio web.

O presente Aviso Legal é aplicable unicamente á información recollida e servizos prestados a través do sitio web, non sendo de aplicación aos contidos recollidos ou servizos prestados desde sitios web de terceiros aos que se accedera desde este sito web.

Propiedade intelectual e industrial

Este sitio web e os contidos que alberga atópanse protexidos pola lexislación vixente en materia de propiedade intelectual. Prohíbese a modificación, copia, reprodución, descarga, transmisión, distribución ou transformación dos contidos do sitio web, se non se ten a autorización de titular dos correspondentes dereitos ou se atopa legalmente permitido. O acceso ao sitio web non supón en ningún caso adquisición por parte dos usuarios/as de dereito de propiedade ningún sobre os contidos que figuran neste.

Algúns dos contidos deste sitio web poden ser descargados no terminal do usuario/a sempre que sexa para uso privado e sen fin comercial ningún.

As referencias a marcas comerciais ou marcas rexistradas ou signos distintivos, xa sexa titularidade do Concello de O Grove ou de terceiras empresas, levan implícitas a prohibición sobre o seu uso sen o consentimento do Concello de O Grove ou os seus lexítimos propietarios. En ningún momento, salvo manifestación expresa o acceso ou uso do sitio web e/ou dos seus contidos, confire ao usuario/a dereito ningún sobre as marcas, logos, e/ou signos distintivos nel incluídos protexidos por lei.

Navegación e seguridade

O Concello de O Grove realiza os máximos esforzos para garantir que a navegación a través deste sitio web se realice nas mellores condicións.

O Concello de O Grove non garante nin se responsabiliza de que o acceso a este sitio web sexa ininterrompido ou se encontre libre de erro. En ningún caso o Concello de O Grove será responsable polos prexuízos de calquera tipo que xurdan polo acceso e o uso deste sitio web.